Esixen á Xunta garantías sanitarias para poñer o mexillón no mercado
Por Oskar Viéitez
A Asociación Galega de Cocederos de Mejillón (Agacome) e Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco) pretenden que se cambie a norma sobre toxinas, xa que actualmente a industria non ten todas as garantías sanitarias para poñer o mexillón galego no mercado.
Estas asociacións empresariais reclaman á Xunta unha solución.
A consellerira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse con estas asociacións patronais que lle explicaron que o Intecmar marca que o nivel de toxicidade debe ser o mesmo para o mexillón fresco que para o procesado. Non obstante, ao cocer o mexillón e deshidratalo ese nivel sobe.
De modo que os empresarios se encontran con que o bivalvo procedente dun polígono sen toxina, supera ao ser envasado os índices de toxicidade permitidos.
Produtores e industria transformadora propoñen que se busque un factor equivalente que achegue garantías sanitarias ao consumidor.
Relacionadas:
-
Os bateeiros afectados polas biotoxinas poderán acceder a 1,5 millóns de euros en axudas
Por Redacción |
-
A Xunta asegura que os produtos do mar que chegan ao consumidor por vías legais teñen todas as garantías
Por Redacción |
-
Periga a campaña do Nadal do mexillón pola persistencia da toxina
Por Oskar Viéitez |
-
Mexilloeiros e mariscadores, en vilo: a marea vermella ameaza con estenderse aínda máis
Por Redacción |