A Orde da Mercé quere reforzar o Mosteiro de Poio como centro cultural
Por Oskar Viéitez
O pai xeral da Orde da Mercé, Frei Leoncio Osvaldo Vivar, despexou as dúbidas existentes sobre o futuro do Mosteiro de Poio.
Segundo explicou, a intención dos mercedarios é reforzalo como centro cultural impulsados pola súa gran biblioteca. Ademais, adiantou que tamén pretenden destinar prazas da hospedería ao aloxamento de frades maiores e aspiran a incrementar a presenza de relixiosos.
Destes e outros moitos asuntos fálase en Poio estes días no marco do capítulo provincial desta congregación, no que participan uns 40 relixiosos procedentes de distintos países.
Nesta reunión avalíase o traballo realizado desde o último capítulo, fai catro anos, logo "llegará un momento de iluminación doctrinal, pensando en lo que se debe realizar de acuerdo a la orden" e despois elabórase a programación para os catro seguintes anos. Finalmente, elíxese ao novo Goberno provincial, composto por un superior e catro conselleiros.
O pai xeral da orde mercedaria lanza unha mensaxe tranquilizador e descarta a venda do Mosteiro ou o traslado da biblioteca, ao contrario, o obxectivo é "conservarlo, porque es emblemático para la orden".
"Abandonado no estará", sentenza, "se tratará de atender lo mejor posible".
Respecto a a biblioteca, que atesoura máis de 300.000 volumes, desde incunables a máis de 200 documentos do século XV, Frei Leoncio Osvaldo Vivar destaca que é "es todo un acervo que hay que saber cuidar y saber luego difundir hacia el exterior, en la medida de lo posible, porque es una riqueza cultural que no solamente hace bien a la orden sino también a muchas otras personas".
A idea que manexan é "convertir el monasterio en un centro cultural" e de como concretar ese obxectivo falarán no capítulo.
"El monasterio de Poio es importantísimo para la orden y la misma sociedad", subliña Frei Leoncio Osvaldo Vivar xa que "es un lugar de encuentro, que se ocupa para poder compartir la vida fraterna, por ejemplo este trigésimosexto capítulo de la provincia de Castilla". "Este monasterio es emblemático, históricamente hablando es uno de los monumentos importantes, desde el punto de vista sobre todo espiritual", engade.
Neste sentido, o pai xeral da Orde da Mercé sinala que pretenden "fortalecer la presencia de religiosos" xunto coa atención aos "hermanos mayores" para os que se reservarán prazas na hospedería que combinará esta función co aloxamento de hóspedes aos que "también se les anima espiritualmente".
"Es un lugar propicio para que los hermanos mayores que ya no pueden estar en actividad puedan estar aquí bien desenvolviéndose", explica o pai xeral, "además está la parroquia donde ellos pueden ejercer el ministerio sacerdotal".
Relacionadas:
-
A biblioteca municipal de Poio retoma a súa actividade cun contacontos este venres
Por Redacción |
-
Exposición pictórica e contacontos infantil, dúas propostas culturais para iniciar a fin de semana en Poio
Por Redacción |
-
O canto gregoriano volverá soar no mosteiro mercedario de Poio
Por Redacción |
-
O Capítulo da Orde Mercedaria reunirase en Poio para falar de proxectos de futuro
Por Oskar Viéitez |