PSOE e BNG acadan un acordo de goberno en Caldas para este mandato
Por Redacción
Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas e líder do PSOE en Caldas, asinará nos próximos días con Manuel Fariña, portavoz do BNG, o acordo de goberno para o próximos catro anos en Caldas.
Despois de varias semanas de "intensas negociacións", o BNG e o PSOE alcanzaban un acordo nas últimas horas.
Desta forma, Juan Manuel Rey continuará sendo o alcalde de Caldas, mentres que o BNG ocupará a tenencia de alcaldía, e ocupándose das áreas de Cultura, Deporte, Turismo, Educación, Mocidade, Patrimonio, Normalización Lingüística e Sanidade no Concello.
Indican que se pretende dar resposta á expresión mayoritaría da veciñanza de Caldas nas últimas eleccións municipais, apostando por un goberno de esquerdas.
No acordo establecerase a realización de orzamentos que atendan as necesidades prioritarias para a poboación, cunha aposta polos servizos públicos e o mantemento da limpeza do espazo público. Anuncian, ademais, importantes investimentos no municipio para mellorar a calidade de vida da cidadanía.