O goberno municipal abrirá un "período de consultas" para decidir o futuro da feira
Por Alejandro Espiño
A partir do próximo 22 de xullo, a feira ambulante dos sábados regresa á súa anterior localización, o paseo de Rafael Areses. Así será, polo menos, ata o mes de outubro. As Festas de Verán, a Feira Franca ou o tríatlon impiden que continúe na Alameda.
A edil responsable de mercados, Anabel Gulías, asinou xa a resolución para este novo traslado, pero desde o goberno municipal avanzan que se abrirá un "período de consultas" con todos os sectores afectados para analizar o futuro desta feira.
"Escoitaremos a todo o mundo", sinalou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que explicou que estas consultas abriranse de inmediato.
O obxectivo é que, entre todos, expóñanse alternativas para instalar a feira con "carácter definitivo", para que o seu lugar non varíe en función dos eventos que se realizan na cidade.
Aínda que Fernández Lores insiste en que celebrala na Alameda non é do seu agrado, especialmente pensando nos días de inverno e nas choivas que virán, o Concello non se pecha a ningunha localización para a feira.
Insisten en que "negociaremos, dialogaremos e analizaremos" cos feirantes, os comerciantes ou as asociacións veciñais, entre outros, para buscar a mellor solución para todos os implicados.
Relacionadas:
-
Os vendedores ambulantes ven "inviable" o traslado da feira á Avenida de Bos Aires
Por Diego Espiño |
-
A Avenida de Bos Aires, á altura do Mercado, proposta do Concello como localización permanente da feira
Por Diego Espiño |
-
Os ambulantes denuncian ao Concello no xulgado por non deixarlles instalar a feira na Alameda
Por Alejandro Espiño |
-
Os ambulantes rexeitan o retorno a Rafael Areses e estudan iniciar actos de protesta
Por Redacción |
-
Sindicatos da Policía Local afirman que a Alameda esixe "menos intervención policial" que Rafael Areses para acoller a feira
Por Anxo Lourido |
-
Mercado ambulante na Alameda: "Ay, aprovechen hoy para comprar, que nos echan de aquí"
Por Anxo Lourido |
-
Os cambios na feira, un "cachondeo" para o PP, que opta porque siga na Alameda tras as festas
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE agarda que a decisión do BNG de levar os ambulantes de volta a Rafael Areses sexa "temporal"
Por Redacción |
-
A feira ambulante regresará a Rafael Areses, cando menos, ata outubro
Por Redacción |