Flamenco e vehículos clásicos toman as rúas de Ponte Caldelas
Por Redacción
Fin de semana festiva en Ponte Caldelas con diversas actividades que fixeron as delicias da veciñanza e de visitantes.
Durante o sábado celebrábase na Alameda a Festa Flamenca, na que se convidaba a todas as persoas que asistisen a levar traxes de f"aralaes" para gozar das actuacións músicais e de baile flamenco.
Ademais, tamén tiñan a ocasión de catar un "rebujito", bebida típica da Feira de Abril en Sevilla.
Xa este domingo chegou a oportunidade de meterse no túnel do tempo e ver coches clásicos. Esta actividade organizada polo Club AVA, co apoio do Concello de Ponte Caldelas, concentrou a máis de cincuenta vehículos antigos no municipio.
Concentráronse na Alameda e, a continuación, realizaron unha ruta chamando a atención dos residentes na vila.