'Rutas sabor e mar' retoma este xoves as visitas polo Bueu mariñeiro
Por Anxo Lourido
Regresa a actividade denominada 'Rutas sabor e mar', que se desenvolve en Bueu.
Este xoves 20 de xullo comeza a nova edición con visitas para as persoas participantes, acompañadas por unha guía, a diferentes espazos do Bueu mariñeiro.
Desta forma, está previsto un percorrido polo estaleiro de Purro, a zona de Pescadoira, o Museo Massó e un final de percorrido na Praza de Abastos. Alí, os visitantes terán a oportunidade de degustar unha tapa elaborada por unha cociñeira local.
Esta iniciativa desenvolverase todos os xoves deste final de xullo e de agosto, entre as 10.00 e as 12.00 horas.
As persoas interesadas deben inscribirse na web do Concello de Bueu ou chamando ao teléfono 986.390.029, extensión 5.