Seis zonas do Porto de Marín cambiarán o pavimento no prazo de tres meses
Por Redacción
A Unión Temporal de Empresas Oresa-Anfisa encargarase de realizar as obras de renovación e reforzo de pavimentos en varios espazos das instalacións portuarias do Porto de Marín.
Esta obra figuraba dentro do Plan de Investimentos e o orzamento ascende a 252.000 euros (IVE excluído) cun prazo de execución de tres meses.
Unha inspección permitiu comprobar que diversos pavimentos, debido ao intenso tráfico que soportan a diario, atópanse deteriorados e precisan traballos de reforzo, pavimentación e, nalgúns casos, o cambio do firme de lastra por pavimentos de asfalto.
Tamén se ampliará a rede de pluviais e repoñer a sinalización horizontal.
A superficie na que está prevista a intervención é próxima aos 12.000 metros cadrados distribuídos en seis zonas diferentes do recinto: peirao Manuel Leirós; zona Galfrío; zonas Pesmar e Rosa dos Ventos; departamentos de exportadores; zonas de peiraos de reparacións 1 e 2; e o antigo peirao de ribeira, segundo informa a Autoridade Portuaria.