O PP promete apoiar o deporte feminino "de manera decidida" para darlle maior visibilización
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Apoiar de "manera decidida" o deporte feminino e avanzar nunha maior visibilización é un dos principais compromisos que o Partido Popular ha recollido no seu programa electoral para os comicios do 23J en materia deportiva.
Así o explicaron as candidatas ao Congreso e ao Senado por Pontevedra, Ana Pastor e Pepa Pardo, que este mércores mantiveron unha reunión en Poio con representantes de clubs e federacións deportivas da provincia.
Neste encontro, as dirixentes populares reiteraron que o deporte feminino debe ter un maior apoio para a súa proxección competitiva, nacional e internacional, ao que sumaron a necesidade de promover a presenza da muller na xestión e liderado deportivo.
"El deporte forma parte de todos los ámbitos de la vida. El deporte es educación, es salud, son valores, es esfuerzo y dedicación, y por eso desde el PP apostamos por el deporte como un elemento imprescindible para el bienestar individual y social", sinalou Pardo.
Ambas as candidatas estiveron acompañados polo secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, ou polo número 3 do PP ao Congreso por Pontevedra, Pedro Puy, que tamén participou na redacción do programa electoral.
Este último explicou que o PP propoñerá un plan nacional para a saúde física e mental a través do deporte e impulsará o fomento da actividade física e loita contra o sedentarismo, incrementando as sesións e o horario do currículo de educación física nas escolas.
No seu programa, inclúen tamén a xeneralización da receita deportiva para que a actividade física orientada á saúde "consolide su papel determinante" e sexa un factor de igualdade.
Ademais, os populares tamén apostan por apoiar a celebración de competicións deportivas como "escaparate" e traballarán con axentes deportivos para fortalecer o sistema competitivo.
Avanzar no investimento social no deporte a través de mecenado e incentivos fiscais ou presentar os valores deportivos en todos os ámbitos de práctica deportiva, tanto a nivel profesional como amateur son outras das súas propostas en materia deportiva.
XUNTANZA CO SECTOR DO MAR EN CAMBADOS
Tras este acto con entidades deportivas, Ana Pastor trasladouse a Cambados para manter un encontro con representantes do sector mar-industria, onde defendeu o necesario equilibrio entre a actividade económica no litoral e a protección medioambiental.
Ana Pastor destacou que o goberno galego aprobou unha lei "muy importante" para o sector, "que preserva el medio ambiente y que hace compatible que un sector tan importante para la economía y el desarrollo de Galicia pueda continuar desarrollando su actividad".
A candidata sinalou que o voto a Feijóo o 23 de xullo será un voto ao cambio tamén nas políticas respecto á industria desta provincia, ás que como primeira medida os populares prometen baixarlles o IVE nas conservas e no peixe o que contribuirá a que "ganen competitividad".
Relacionadas:
-
O PP alerta da redución nun 20% do anticipo económico municipal para o desenvolvemento das escolas deportivas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Chamamento do PP desde Pontevedra aos indecisos para que "se vaya el señor Sánchez y todos sus aliados"
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Os populares avogan por "equilibrar" a protección da costa e a actividade económica
Por Redacción |
-
Ana Pastor: "En Galicia estamos moi concienciados co turismo con sentidiño e Feijóo comparte ese compromiso"
Por Redacción |
-
Ana Pastor, ante empresarios en Pontevedra: "No podemos permitir cuatro años más de sanchismo"
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda confía en que Galicia votará por unha maioría ampla para Núñez Feijóo
Por Redacción |