Case 225.000 euros para potenciar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible en Ribadumia
Por Redacción
O Concello de Ribadumia destinará case 225.000 euros para as actuacións previstas de cara a potenciar a calidade de vida da veciñanza e o desenvolvemento sostible do municipio.
As obras, pertencentes ao Plan Concellos 2022, levaranse a cabo a través dunha licitación conxunta que inclúe cinco proxectos estratéxicos que abarcan diferentes áreas clave de Ribadumia e permitirán potenciar a accesibilidade, o saneamento e a infraestrutura viaria.
Neste sentido, as obras previstas son unha rede de saneamento e ampliación do vial e recollida de pluviais no lugar de Barroso (Sisán); a ampliación de vial e recollida de augas pluviais en Leiromeán (Leiro); a mellora do camiño de acceso a Outeiro (Ribadumia); a pavimentación e melloras en camiños no lugar de Cabanelas (Ribadumia), e as melloras na recollida de augas pluviais en Portarís (Lois).
Estas obras representan "unha inversión significativa" para mellorar a calidade de vida de todas as persoas e "fomentar o progreso en diversos aspectos fundamentais".
Desde o Concello agardan que, unha vez finalizados os traballos, "os beneficios para a comunidade sexan evidentes e contribúan a consolidar a Ribadumia como un lugar acolledor, moderno e en constante crecemento".
Relacionadas:
-
Ribadumia celebrará o 26 de agosto a 'XXVIII Xuntanza dos nosos maiores'
Por Anxo Lourido |
-
O Concello de Ribadumia mellora os camiños do lugar de Cabanelas
Por Redacción |
-
Reconstruír a ponte de Ponte Arnelas suporá un investimento de 5,3 millóns
Por Redacción |
-
Isabel Risco e Marián Bañobre ofrecen 'O Furancho' en Ribadumia na xornada de reflexión
Por Anxo Lourido |