Isabel Risco e Marián Bañobre ofrecen 'O Furancho' en Ribadumia na xornada de reflexión
Por Anxo Lourido
A compañía Ibuprofeno Teatro representará o espectáculo cómico 'O Furancho' o sábado 22 de xullo ás 21.00 horas no Auditorio de Ribadumia.
A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.
As actrices e humoristas Marián Bañobre e Isabel Risco buscarán a complicidade do público nesta comedia na que se fai unha visita ao Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro, con aplicación de tratamentos de beleza e saúde, utilizando elementos relacionados co viño e ecolóxicos ao 100%.
A montaxe dirixida por Santiago Cortegoso dura 80 minutos e desde a súa estrea recibiu o premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor, premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco).
Relacionadas:
-
Ribadumia celebrará o 26 de agosto a 'XXVIII Xuntanza dos nosos maiores'
Por Anxo Lourido |
-
Case 225.000 euros para potenciar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible en Ribadumia
Por Redacción |
-
Este mércores celébrase o concerto de Alba Barreiro Trío no Pazo Quinteiro da Cruz
Por Redacción |