Case 149.000 euros, o premio que deixou a Bonoloto en Caldas de Reis
Por Redacción
Hai unha persoa en Caldas de Reis que, sen dúbida, estará moito máis feliz que onte. É o afortunado ou afortunada que selou no municipio unha Bonoloto que lle reportou a nada desdeñable cantidade de 148.631 euros.
Un boleto rexistrado na administración de loterías número 1 de Caldas, situada na rúa Juan Fuentes, foi o único gran premiado neste sorteo.
Acertou cinco números e o complementario. Non houbo acertantes de primeira categoría.
A combinación gañadora foi 32 - 34 -35 - 40 - 41 - 48 e o complementario foi o 21.
Ao non haber ningún gañador de primeira categoría (6 acertos), a Bonoloto poñerá en xogo no seu proximo sorteo un bote de 600.000 euros.