A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, premio ambiental 2023 da Revolta do Umia
Por Redacción
O festival A Revolta do Umia anuncia que na edición deste ano concederá o premio ambiental á Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.
O colectivo quere recoñecer con este premio o labor de defensa ambiental que esta organización desenvolve desde un plano operativo como de divulgación e sensibilización.
Nesta ocasión valorouse o compromiso da Asociación Rapa das Bestas na defensa da contorna que rodea os montes de Sabucedo nunha situación na que figuran ameazas que dificultan o mantemento do ecosistema que rodea a Sabucedo.
A agrupación alerta da diminución de pasto nos montes; a planificación de parques eólicos; o cambio climático; a baixada de actividade agrícola ou a redución do número de cabalos salvaxes no monte, que segundo algúns estudos sitúan na metade da poboación respecto a os anos 70.
En 2022 o premio foi a mans do Proxecto Cerna, unha plataforma que conta con revista, radio e canle de televisión, promovidos pola asociación ecoloxista Adega.
A entrega oficial do premio vai levarse a cabo o sábado 26 de agosto, dentro das actividades programadas en Cuntis durante o festival A Revolta do Umia 2023.
Relacionadas:
-
RADIO.- Gonzalo Giner marida historia, arte, ciencia, desexos e moita acción en 'La sombra de los sueños'
Por Marisa Ciordia |
-
Conta atrás para a revolución en Cuntis co festival A Revolta do Umia
Por Redacción |
-
ADEGA denuncia no xulgado o parque eólico Campo das Rosas ao afectar a especies en perigo de extinción
Por Redacción |
-
Xa está fixado o calendario de concertos da nova edición da Revolta do Umia
Por Redacción |
-
A sexta Revolta do Umia contará con Ortiga, Monoulious Dop, Eladio y los seres queridos ou Igloo
Por Alejandro Espiño |
-
A Revolta do Umia volverá revolucionar Cuntis os días 25 e 26 de agosto
Por Alejandro Espiño |