A loita contra a violencia machista, ao compás das artistas MJ Pérez e Sofía Espiñeira en Marín
Por Redacción
As artistas MJ Pérez e Sofía Espiñeira sumáronse este xoves en Marín á loita contra as violencias machistas que promove o programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'.
Co seu espectáculo 'Ao meu compás', uniron as súas voces e música acompañadas da percusionista Ailén Kendelman e deron voz a temas propios e alleos co seu propio estilo.
O concerto, celebrado na Alameda Rosalía de Castro, contou coa presenza da deputada provincial e alcaldesa de Marín María Ramallo.
MJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Iniciou o seu percorrido en 2014 e acumula xa máis de 200 concertos por toda Galicia e Portugal, tendo presenza en festivais e nos principais circuítos musicais da comunidade autónoma, ademais de catro albumes.
Sofía Espiñeira é unha creadora e artista multidisciplinar que leva unha década desenvolvendo a súa traxectoria arredor do circo, o teatro, a danza e a música. No eido musical, o seu proxecto persoal, que nace no 2016 tras resultar gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo, baséase en composicións orixinais con tonalidades de raíz e linguaxe propia.
O programa provincial 'Mulleres en Acción. Violencia Zero' está a celebrar este ano a súa oitava edición baixo o lema 'Artistas Aliadas. Mulleres Aliadas' e con 25 accións de 35 artistas programadas por toda a provincia. As vindeiras semanas chegará a Tui, Poio, A Lama, Silleda, Vilagarcía, Caldas, Forcarei e Ribadumia.
Relacionadas:
-
'As voces da conciencia' na Praza do Mosteiro
Por Redacción |
-
"A loita continúa", a mensaxe unánime de Pontevedra contra a violencia de xénero tras o asasinato de Vanessa en Oia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Pavillón de Príncipe Felipe estrea o mural "O abrazo", da artista Diana Bama
Por Redacción |
-
Alumnado do IES de Barro asiste á primeira acción de Violencia Zero de 2023
Por Redacción |
-
25N | A Deputación considera "máis necesario que nunca" sensibilizar fronte ás violencias machistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello apela á responsabilidade dos homes para acabar coas violencias machistas
Por Redacción |
-
Extensa programación polo 25-N co lema 'Fronte ao negacionismo. Alianzas desde o feminismo'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |