Nuevo Mulligans revoluciona o concepto de cafetería cunha orixinal proposta
Almorzo, comida informal ou primeira copa. Esta é a completa proposta coa que Nuevo Mulligans se converteu, en apenas dous meses, nunha das cafeterías de referencia da cidade de Pontevedra.
Carta completamente renovada e un redeseño do interior do local marcan esta nova etapa, con Manuela Fernández Casal á fronte.
A nova xerencia tiña claro que quería darlle ao establecemento unha orientación máis diúrna. De luns a sábado, desde as 9:00 da mañá xa se serven almorzos. Café, infusión ou colacao que se poden acompañar dun zume de laranxa e unha ampla carta de doce e salgado: napolitanas ou croissants mini, amorodos con nata, cereais con leite, froitas variadas de tempada, embutidos e as apetecibles tostas, como a de xamón serrano con aguacate, a de noces con queixo crema e mel ou a tosta de crema de cacahuete, entre outras especialidades.
A continuación, a hora do aperitivo, onde os clientes adoitan decantarse por cervexas ou refrescos acompañados dun picoteo lixeiro grazas aos tentadores petiscos que se serven coas consumicións. Repetir almorzo ou pedir unha tapa para compartir tamén son eleccións habituais.
Para xantar, tanto a cómoda terraza como a acolledora zona interior, dotada de aire acondicionado, son boas opcións. Unha carta chea de suxerencias para unha comida informal: prato combinado, croquetas, salchipapas, nuggets, aliñas e patacas con diferentes salsas. Bocadillería tamén variada, sándwichs, perritos quentes e hamburguesas caseiras con diversas combinacións, un dos pratos máis demandados. Ademais, Nuevo Mulligans conta con menú infantil.
As tardes son momentos de confidencias e descanso nos cómodos sofás, mentres os clientes máis activos decántanse polo futbolín ou os dardos.
Para este tardeo, os mojitos e as caipiriñas son as bebidas estrela entre a clientela.
As cervexas son outro imprescindible en Nuevo Mulligans. Cervexa 1906, Estrella Galicia, Tostada Estrella Galicia 0,0 sen alcol ou a Erdinger Radler baixa en alcol con zume de limón. Catro referencias para gozar dunha cana tirada da billa. Ademais das cervexas nacionais e internacionais en botella. De entre todas, as negras irlandesas Guinness e O´Hara´s son as máis solicitadas.
Esta renovada proposta de hostalería chega ata as noites. En horario continuado ata as 2:30 da madrugada, Nuevo Mulligans tamén é o espazo ideal para tomar a primeira copa.
Todo iso ambientado cunha música tipo rock clásico.
LOCALIZACIÓN CÉNTRICA
Nuevo Mulligans sitúase en pleno centro de Pontevedra, na rúa Cruz Gallástegui, 4.
Unha localización privilexiada, a poucos pasos da zona comercial que capitanean as tendas do grupo Inditex e das instalacións do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
Os cans tamén son benvidos en Nuevo Mulligans, un local dog friendly onde os acompañantes caninos teñen á súa disposición un cunco de auga e, se se desexa, sen custo engadido, tamén unha tapa.
A terraza exterior atópase ao nivel da rúa, polo que é plenamente accesible. Para as instalacións interiores, o local conta cunha plataforma salvaescaleiras adaptada para persoas con mobilidade reducida.
Podes seguir a Nuevo Mulligans e coñecer todas as novidades a través das súas redes sociais: Instagram (@nuevomulliganspontevedra) e Facebook (@nuevomulliganspontevedra).