Primeiros trámites para a restauración do Cruceiro do Montiño, en Lérez, derrubado nun accidente
Por Redacción
Un accidente recente, co choque dun vehículo, deixou gravemente afectado un elemento patrimonial de valor como o Cruceiro do Montiño, en Lérez.
Situado no lugar de Casal Novo, foi derrubado pola forza do impacto.
Ao ter coñecemento do suceso, o Concello de Pontevedra deu orde de retirar as pezas do cruceiro que se atopaban na estrada. Estas foron trasladadas a dependencias municipais para a súa custodia a cargo da Concellería de Patrimonio Histórico.
Segundo sinala o goberno local, o servizo de arqueoloxía do Concello púxose xa mans á obra para elaborar os informes sobre os danos causados e a posibilidade de restauración da escultura.
O Cruceiro do Montiño está situado no cruzamento da estrada EP-0016 coa vía que sobe do CEIP San Bieito de Lérez. Consta dunha plataforma de tres gradues cunha base cúbica. Ten varal, capitel e cruz na que se mostra á Virxe por unha cara e o Cristo pola outra.