Así bendixeron os turismos en San Cristovo de Couso: con capacho e xesta
Por Anxo Lourido
A fórmula empregada durante os últimos anos por Fermín Santiago Iglesias, párroco de San Cristovo de Couso, como forma publicitaria que o propio Concello de Campo Lameiro utiliza nas súas redes sociais para promocionar a festa tradicional do patrón.
Estes días, o crego volveu subirse ao muro que rodea a igrexa e, desde alí, armado cun capacho e cunha xesta, a modo de gran hisopo, comezou a bendicir os turismos que se pasaban por diante do templo.
Ao estilo da atracción do tren da bruxa, como indican os comentarios na páxina de Facebook do Concello, o párroco lanza co seu xesto a auga bendita aos vehículos, que en moitos casos levan o portelo aberto coa intención de recibir directamente a bendición. A imaxe resulta sorprendente porque o cura, en ocasións, repite ata tres veces a bendición sobre o mesmo turismo.
Fermín Santiago Iglesias é un párroco, moi activo en redes sociais, que se fixo coñecido na contorna ao descubrir pinturas na ábsida románica da igrexa de San Miguel de Campo Lameiro.