A Policía de Poio identifica un turista tras recoller furtivamente 4 quilos de ameixa
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio coa colaboración dos Gardapescas da Confraría de Pescadores de Raxó, sorprendeu a un "furtivo con bañador".
Na tarde do pasado sábado, 5 de agosto, o turista simulaba estar a gozar dun día de praia pero ás agachadas recollía de maneira furtiva a ameixa xapónica recentemente sementada polas mariscadoras.
O incidente tivo lugar na praia pequena de Chancelas.
En total interviñéronlle uns catro quilos de ameixa, a maioría de pequeno tamaño, que non se pode comercializar legalmente ao ser antirregulamentaria.
A Policía Local procedeu a tramitar a correspondente denuncia administrativa ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.