Polémica no coso de San Roque polos cánticos "¡Que te vote Txapote!"
Por Oskar Viéitez
Ademais de condenar o expectáculo taurino do pasado domingo, a plataforma "Galicia, Mellor Sen Touradas" lamentou os cánticos dunha parte do público que coreou "¡Que te vote Txapote!".
Os abolicionistas afirman que este tipo de cánticos que veñen producindo nalgunhas prazas de touros "en clara oposición a determinadas opcións políticas progresistas" e sinalan que xa foron advertidos por varios colectivos de vítimas do terrorismo como "denigrantes e humillantes".
"Pontevedra non foi a excepción e mesmo existen vídeos en redes sociais onde se interpela directamente ao PSOE, mostrando un interese político por relacionar tauromaquia con outras posibilidades electorais", afirman desde Galicia, Mellor Sen Touradas.
Así, os abolicionistas critican a "ranciedad" que se desprende deste tipo de proclamas que "minusvaloran o sufrimento de centos de persoas nun contexto social e político moi complexo das últimas décadas".
"FRACASO DE ASISTENCIA"
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas tamén incidiu en que a corrida de todos do pasado domingo "cultivou un novo fracaso de asistencia, a pesar das accións publicitarias da empresa", xa que, segundo sosteñen "o coso foi incapaz de rexistrar máis de tres cuartos de entrada: Un fracaso que demostra que a tauromaquia non interesa á cidadanía galega".
"QUE TE VOTE TXAPOTE" en la plaza de toros de #Pontevedra y mencionando al PSOE
— Rubén Pérez (@ruben_prz) August 7, 2023
Varios colectivos de víctimas del terrorismo advirtieron sobre esta expresión y su impacto denigrante.
Se ve que a los taurinos les da igual... pic.twitter.com/jmHhza3A3Y
Relacionadas:
-
A loita antitouradas volve elevar a voz e lembra a Malú Pedrosa
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Unha substitución de porta grande
Por Marisa Ciordia & Diego Torrado |
-
O malogrado regreso de Roca Rey á tempada taurina impide a súa participación este domingo en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Touradas fóra de Pontevedra volve saír á rúa: "este ano vanse asasinar na praza 12 touros"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |