Touradas fóra de Pontevedra volve saír á rúa contra a feira taurina: "este ano vanse asasinar na praza 12 touros"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A entidade Touradas fóra de Pontevedra volverá saír á rúa este 2023, como cada agosto desde hai 15 anos, para a súa habitual mobilización antitaurina con motivo da feira taurina da cidade.
Varios integrantes do colectivo compareceron este mércores en San Roque para facer un chamamento á sociedade a que se manifeste o sábado 12 de agosto polas rúas de Pontevedra. A manifestación sairá ás 20.00 horas da praza da Peregrina.
Vicky Estévez explicou que este ano todos seus actos son unha homenaxe a Malú Pedrosa, integrante fundamental deste movemento que faleceu o pasado mes de setembro de 2022. "Ela era a persoa que máis tiraba de nós e que levaba desde un primeiro momento en Touradas fóra de Pontevedra" e este ano todo custa máis sen ela.
Lembra tamén esta activista que "este ano vanse asasinar 12 touros en dous días de psicopatía conxunta" mentres a última enquisa do Ministerio de Cultura sinalaba que a maior parte da sociedade española "rexeita as touradas e di que non asiste ás touradas".
Borxa González explicou que este ano as súas reivindicacións van destinadas ás diferentes administracións, Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Pontevedra.
Á Xunta e ao Goberno central bótanlle en cara que a Lei de Protección Animal autonómica e a Lei de Benestar Animal estatal "fan das touradas unha excepción". "Podería acabarse coas touradas mañá si se eliminase esta excepción da Lei de Protección Animal", insiste.
Ao Concello de Pontevedra pídenlle que "sexa coherente" e elimine o convenio anual polo que usan a praza para o torneo medieval da Feira Franca. "Un concello que se declara antitaurino ten que ter colaboración cero co lobby taurino", sinala Borxa González.
Piden tamén ao Goberno local que non permita os carteis de estrutura metálica que anuncian a feira taurina nas rotondas da cidade e Borxa González lembra que as touradas "danan a imaxe da cidade", ao ser "totalmente contrario a que logo proxectemos internacionalmente os valores da cidade".
Ante o cambio recente no Goberno da Deputación, que agora é do PP, teñen medo a que se volva "retroceder" e volva financiar as touradas, pois o Goberno bipartito PSOE-BNG eliminou todas as axudas, pero o anterior do PP de Rafael Louzán "era o gran valedor económico do lobby taurino". De 2009 a 2014, déronlles 120.000 euros en publicidade; de 2003 a 2013, 25.000 euros de axudas ás peñas taurinas; e tamén 9.000 euros en compra de entradas nun só exercicio.
Relacionadas:
-
A loita antitouradas volve elevar a voz e lembra a Malú Pedrosa
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Polémica no coso de San Roque polos cánticos "¡Que te vote Txapote!"
Por Oskar Viéitez |
-
Volve a celebración de "peñas" á praza do Teucro
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Instan ao PP a non recuperar as axudas económicas ás touradas desde a Deputación
Por Redacción |
-
Piden que se faga unha consulta pública aos pontevedreses sobre a continuidade dos touros
Por Cristina Saiz & María José Pita |
-
Touradas Fóra de Pontevedra reivindica nas rúas que a maioría da poboación é antitaurina
Por Almu Dapena & Redacción |
-
Piden a Rafa Domínguez que impulse unha iniciativa para impedir o acceso de menores ás prazas de touros
Por Oskar Viéitez |
-
A manifestación antitaurina regresa este sábado co foco posto nos carteis promocionais que hai na rúa
Por Manu Otero |
-
Antitouradas piden a Rueda que non acuda "al ruedo"
Por Oskar Viéitez |
-
Propoñen que as administracións públicas merquen a Praza de Touros para actos sociais
Por Redacción |