Quería chamuscarlle "unos pelillos" a un amigo e acaba queimándolle a perna enteira
Por Natalia Puga
Tito S.A. gastou unha broma no bar Tropical de Cambados o 7 de agosto do ano 2012 que se lle foi das mans e rematou cun coñecido seu no hospital cunha perna queimada e con el sentado no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra.
O home está acusado dun delito de lesións con deformidade polo que a fiscal pide que sexa condenado a catro anos e seis meses de prisión. El mesmo nin sequera negou os feitos, pero si asegurou que nunca tivo intención de causar dano á súa presunta vítima.
Segundo relatou durante o xuízo celebrado na Sección Cuarta de la Audiencia, estaba no bar tomando unha clara despois de traballar cando chegou o home nun "estado lamentable", peneque e sangrando nunha perna.
Para "gastarle una broma" achegoulle un chisqueiro á perna, sen sabe que estaba impregnada en alcohol. Tiña intención de "quemarle unos pelillos", pero se lle "fue de las manos" e ao seu coñecido empezou a arderlle a perna de tal forma que lle xerou feridas de importancia e lle deixou unha deformidade.
A súa presunta vítima non coincide nesta versión. En primeiro lugar, nega que estivese borracho. E logo explica que estivera na piscina e cortouse, de modo que chegou cuns amigos ao bar e pediu unha botella de alcohol etílico para desinfectar a ferida.
Xusto despois de que usase ese alcohol, cando tiña a perna impregnada, o acusado achegoulle o chisqueiro e prendeulle lume. O home non cre que o procesado tivese intención de queimarlle a perna, pero pregúntase "Vaya broma, no?".