O Goberno local denuncia unha "utilización perversa dos vendedores ambulantes"
Por Natalia Puga
O conflito entre o Goberno local e os vendedores ambulantes pola localización da feira de Pontevedra está marcado, segundo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, de "certa manipulación ou influencia que está a xerar problemas".
O alcalde de Pontevedra realizou estas declaracións este luns a preguntas dos medios de comunicación en relación coa presenza dos vendedores durante o acto de lectura do pregón que o sábado 12 deu inicio ás Festas da Peregrina.
Lores ve unha "utilización perversa dos vendedores ambulantes por parte de determinados sectores", sen poñer nome aos responsables desa manipulación.
Os vendedores manteñen un pulso ao Concello para reivindicar que a feira se celebre na Alameda, a localización que ocuparon na recta final do pasado mandato por decisión da Concellería de Promoción Economía, que entón ocupaba a socialista Yoya Blanco. Coa constitución do novo Goberno en solitario do BNG, decidiuse cambiar esa localización e o novo Executivo puxo sobre a mesa un traslado á avenida de Bos Aires, á altura do mercado, pero esta proposta non convence aos feirantes.
Nas súas declaracións deste luns, Lores explicou que a proposta formulada polo Goberno local é "viable" e "factible" e "beneficia a toda a cidadanía". Trátase dunha proposta na liña das que adoita adoptar este Executivo nacionalista: "Nós non tomamos decisións en base a un sector determinado, senón decisións que cremos que son mellores para o funcionamento da cidade".
Os feirantes son especialmente críticos coa nova concelleira de Promoción Económica, a nacionalista Anabel Gulías, que propuxo o traslado á avenida de Bos Aires, e á que cualifican como "a peor concelleira de Promoción Económica que pasou polo Concello de Pontevedra" por un "capricho político do BNG".
O alcalde defendeu a Anabel Gulías, cun traballo para buscar alternativas para os feirantes que lles beneficia e estes traballadores e ao resto da cidade. Foi "un traballo moi serio e rigoroso", para Lores, que responde os feirantes que, ante a súa petición dunha reunión co Goberno local, "o Concello responderá a esa petición".
Relacionadas:
-
Restricións de tráfico na avenida de Bos Aires polo traslado da feira ambulante
Por Redacción |
-
Os feirantes mantéñense firmes na súa postura: "Non renunciamos a estar na Alameda. Nin renunciaremos"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pepa Pardo culpa o PSOE de que a feira abandonara a Alameda por ceder o "poder de decisión" a Lores
Por Anxo Lourido |
-
Os ambulantes irromperán na Feira Franca e o Mundial de Tríatlon se Lores non cumpre a súa promesa de hai 35 anos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes insiste en que "non hai razón obxectiva ningunha" para non trasladar a feira á Alameda e ve "certa desinformación"
Por Natalia Puga |
-
Sociedade Xitana Española quere recuperar os postos da feira de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os ambulantes levan as súas reivindicacións ao pregón e reciben críticas: "hoxe non é un día para ningunha protesta"
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
O PSOE mantén o pulso para ubicar a feira na Alameda a pesar das "triquiñuelas administrativas"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un informe técnico tomba a moción do PSOE sobre a feira ambulante
Por Oskar Viéitez |
-
Os ambulantes suman máis de 3.500 sinaturas de apoio a súa permanencia na Alameda
Por María José Pita & Anxo Lourido |
-
O PSOE levará ao pleno o traslado dos ambulantes á Alameda coa esperanza de chegar a un acordo unánime
Por Manu Otero |
-
Nova "pinza": ao PSOE parécelle "fantástico" o pacto que ofrece o PP para fixar a Alameda como localización definitiva para a feira
Por Oskar Viéitez |
-
Os vendedores ambulantes ven "inviable" o traslado da feira á Avenida de Bos Aires
Por Diego Espiño |
-
A Avenida de Bos Aires, á altura do Mercado, proposta do Concello como localización permanente da feira
Por Diego Espiño |