Sociedade Xitana Española quere recuperar os postos da feira de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Sociedade Xitana Española, da que é presidente Sinaí Giménez, convocou un acto de protesta en Pontevedra para o vindeiro mércores 23 de agosto. Comezará ás 11.30 horas, cunha concentración de vehículos no Pazo dá Cultura para dirixirse logo á Praza de España.
O obxectivo desta mobilización é "exigir al Ayuntameinto de Pontevedra la reposición y recuperación de todos los puestos y licencias de venta ambulante que estaban en vigor en el año 2010 en los mercadillos de la ciudad, que se celebra los sábados, y el de Estribela, que se lleva a cabo los miércoles".
Esta entidade asegura que o Concello de Pontevedra de actuar de maneira "sistemática" eliminando postos e licenzas de venda ambulante nestes dous mercadillos de "forma totalmente arbitraria y caprichosa".
"Reivindicaremos que las licencias de venta ambulante eliminadas, así como las que piensen otorgar, aprovechando la nueva ubicación del mercadillo de Pontevedra, sean expuestas a un proceso de sorteo público de acuerdo con las leyes en vigor para que todos aquellos que deseen optar a un puesto de venta en los mercadillos pueda hacerlo libremente y sin discriminaciones de ningún tipo", argumenta nun comunicado Sociedade Xitana Española.
Por último fai un chamamento a secundar este acto de protesta "a todos los vendedores ambulante gallegos gitanos y payos que se han visto afectados por estas decisiones injustificadas y arbitrarias" para que "acudan a esta manifestación para recuperar sus puestos de trabajo".
Relacionadas:
-
O Goberno local denuncia unha "utilización perversa dos vendedores ambulantes"
Por Natalia Puga |
-
Os ambulantes levan as súas reivindicacións ao pregón e reciben críticas: "hoxe non é un día para ningunha protesta"
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
O PSOE mantén o pulso para ubicar a feira na Alameda a pesar das "triquiñuelas administrativas"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Un informe técnico tomba a moción do PSOE sobre a feira ambulante
Por Oskar Viéitez |
-
Os ambulantes suman máis de 3.500 sinaturas de apoio a súa permanencia na Alameda
Por María José Pita & Anxo Lourido |