Circo e acrobacias na Praza da Curtidoira para facer as delicias dos pequenos da casa
Por Mónica Patxot & Redacción
A programación festiva das Festas da Peregrina aterrou este luns na Praza da Curtidoira cun espectáculo a cargo do Gothic Circus, que abriu un ciclo de artes escénicas pensado para os máis pequenos.
A partir das 19.30 horas, 'Gothic Circus: O Gran Salto' encheu esta praza do barrio do Gorgullón dunha demostración de danzas aéreas, artes circenses e disciplinas acrobáticas.
As actividades para os máis pequenos da casa repetiranse na Praza da Curtidoira durante o resto da semana ás 19:30 horas.
Actuarán: Teatro Ghazafelhos (martes 15), María Carrera (mércores 16), Sons da Batea (xoves 17), a compañía Paporrubio (sábado 19) e Expresión Contacontos (domingo 20).
Relacionadas:
-
Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Lores, sobre as Festas da Peregrina: "É incrible a cantidade de xente que hai"
Por Redacción |
-
O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico o venres 18 de agosto pola Batalla de Flores
Por Redacción |
-
Vanesa Martín, La M.O.D.A., Cruz Cafuné, Pimpinela, Recycled J ou Baiuca, nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |