Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e23/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64dd3e5675-20230816-patxot-baiuca-1393.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6a7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64dd3e55b1-20230816-patxot-baiuca-1387.jpg)
© Mónica Patxot
A música galega foi protagonista este mércores nas Festas da Peregrina da man dunha das propostas máis rechamantes dos últimos anos, a de Baiuca.
O proxecto musical do catoirés Alejandro Guillán, referente no panorama galego pola súa mestura de sons folclóricos e música electrónica, puxo ao bailar aos pontevedreses na actuación central da xornada, no escenario da Praza de España.
Antes, o dúo Fetén Fetén amenizou o serán na Praza da Ferrería coa súa proposta de música, como eles mesmos definen, "para sonreir, bailar e emocionarse".
A programación das Festas da Peregrina ten continuidade este xoves 17 de agosto cunha nova xornada de eventos entre os que destacan o recital previsto de Os Coribantes de Buchabade na Ferrería (21.00 horas) e a mítica banda Mägo de Oz na Praza de España (22.30 horas), coñecida por fusionar estilos como o rock e o metal coa música celta e folk.
Concerto de Baiuca nas Festas da Peregrina
O artista, todo un referente na escena galega pola súa mestura do folk tradicional coa música electrónica, protagonizou este mércores o concerto principal da programación das Festas da Peregrina no escenario da Praza de España
© Mónica Patxot
Concerto de Fetén Fetén na Praza da Ferrería
O dúo Fetén Fetén actuou este mércores na Praza da Ferrería dentro da programación das Festas da Peregrina
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
O dúo Bala faise un oco entre os nomeamentos aos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia |
-
O ano no que os festivais e os eventos culturais volveron encher Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha despedida ás Festas da Peregrina con Pontevedra ata os topes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vanesa Martín namora o público pontevedrés cos seus 'praceres e pecados'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Batalla de Flores regala colorido e diversión antes da chuvascada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
'Festa pagá' con Mägo de Oz na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Rayden substitúe a Pimpinela no cartel das Festas da Peregrina
Por Diego Espiño |
-
Lores, sobre as Festas da Peregrina: "É incrible a cantidade de xente que hai"
Por Redacción |
-
O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico o venres 18 de agosto pola Batalla de Flores
Por Redacción |
-
Circo e acrobacias na Praza da Curtidoira para facer as delicias dos pequenos da casa
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O mellor rap e clásicos de pop, rumba e indie poñen ritmo á noite do luns
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O arranque das Festas da Peregrina, "un éxito" coa cidade "petada todos os días"
Por Natalia Puga |
-
Furious Monkey House e La M.O.D.A., banda sonora dun domingo con Pontevedra repleta
Por Diego Torrado & Redacción |