A Batalla de Flores regala colorido e diversión antes da chuvascada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
A ilusión e o colorido da popular Batalla de Flores, unha das citas máis esperadas nas Festas da Peregrina por parte dos máis pequenos, percorreu este venres as rúas do centro da cidade.
Fíxoo vencendo ás previsións de choiva que ameazaban coa súa cancelación.
O ceo aguantou e a caravana multicolor de carrozas, xigantes, cabezudos e personaxes de animación iniciou a súa marcha ás 19.00 horas desde a rúa Xosé Malvar.
No seu percorrido pasaron por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo ante a atenta mirada de nenos e adultos.
Ao seu paso deixaron aplausos, sorrisos e miles de papeliños confirmando á Batalla de Flores como un imprescindible na programación da semana grande de festas.
Cando a choiva comezou a caer, pasadas as 20.00 horas da tarde, a comitiva xa regalara grandes momentos e encaraba o seu tramo final. Mollou aos que alí se atopaban, pero salovouse unha xornada que horas antes parecía no aire.
Non era a única cita infantil da xornada nas Festas da Peregrina, que ás 21.00 horas tiña reservado o escenario principal da Praza de España para o espectáculo 'Tarzán, o musical', nun día pensado para goce dos máis novos da casa.
A pesar de que a choiva xa non daba tregua, o show non se cancelou ante o público que esperaba á intemperie, aínda que quedou deslucido pola situación.
Relacionadas:
-
Pontevedra "botou por fóra" nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Abrirán de novo as portas do inferno para que o Demo faga falcatruadas polas rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Unha despedida ás Festas da Peregrina con Pontevedra ata os topes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Rayden pon fin a uns multitudinarios concertos da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vanesa Martín namora o público pontevedrés cos seus 'praceres e pecados'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Festa pagá' con Mägo de Oz na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Rayden substitúe a Pimpinela no cartel das Festas da Peregrina
Por Diego Espiño |
-
Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Lores, sobre as Festas da Peregrina: "É incrible a cantidade de xente que hai"
Por Redacción |
-
O rapero Recycled J e o espectáculo Kine Circus protagonizan unha nova xornada de abarrote nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico o venres 18 de agosto pola Batalla de Flores
Por Redacción |