Centos de pontevedreses participaron na procesión de San Roque
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Igrexa católica honrou este mércores a San Roque no día grande da festividade do santo protector da peste e patrón dos cans.
A Boa Vila lembra nesta festividade que neste santo buscaron refuxio e protección os pontevedreses durante os episodios de peste bubónica da Idade Media, razón pola cal lle dedicaron unha capela no curso baixo do río Gafos, preto dun hospitalillo onde se atendía a aqueles que daban síntomas de padecer este tipo de enfermidades tan altamente contaxiosas.
Aínda hoxe, cada 16 de agosto, tribútaselle a este santo una das romarías máis populares de cantas celébranse no centro de Pontevedra.
Este mércores houbo misas ás 9 e 10 da mañá na Capela, ao termo das cales a imaxe do santo trasladouse á Basílica de Santa María a Maior, para ser venerada xa na misa das 11 horas.
A misa de festa foi ás oito da tarde, seguida de procesión que discorreu pola Avenida de Santa María, Mestre Mateo, Praza de España, Xeneral Martitegui, Concepción Arenal e Paseo de Colón, recolléndose na Capela de San Roque.
A tradicional queima das Madamitas marcou o remate desta romaría.