A Escola Naval Militar recibe a 116 novos alumnos
Por Oskar Viéitez
A Escola Naval Militar de Marín recibiu este xoves a 116 novos alumnos de acceso directo (deles 12 mulleres) pertencentes aos Corpos Xeral, Infantería de Mariña, Intendencia, Enxeñeiros e Militares de Complemento.
Como é tradicional, ás dez da mañá os novos alumnos, encadrados na 1ª, 11ª e 12ª Brigadas, foron recibidos na porta de Carlos I polos seus respectivos mandos inmediatos, Comandante-Director, Xefe de Estudos, Comandantes de Brigada, e polos seus Brigadieres.
Previamente, deuse lectura nominal da resolución do seu nomeamento como novos Aspirantes.
Tras a entrada dos alumnos, os pais e familiares tiveron ocasión de entrar na Escola Naval para asistir á conferencia, na que o Comandante Director informoulles de cal será o seu futuro durante o período académico que teñen por delatante.
Os aspirantes permanecerán durante dúas semanas efectuando a fase de adaptación á vida militar, tras a cal, incorporarase o alumnado que ingresou por promoción interna para comezar o curso co resto das Brigadas da Escola Naval Militar de Marín.
Relacionadas:
-
A "Promoción Marín" celebra o 25 aniversario da súa gradación na Escola Naval
Por Oskar Viéitez |
-
O Club de Opinión Portocelo conmemora o 80 aniversario da Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
Os novos guardiamarinas da Escola Naval Militar son recibidos no Concello de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín
Por Redacción |
-
A ministra Margarita Robles preside a entrega de reais despachos na Escola Naval de Marín
Por Redacción |