O PP volve abrir o curso político no Castelo de Soutomaior oito anos despois ao recuperar a Deputación
Por Natalia Puga
O acto oficial de apertura du curso político do Partido Popular regresará este ano ao Castelo Soutomaior despois de sete anos celebrándose na carballeira de San Xurxo, en Cerdedo-Cotobade.
O PP abriu o curso político en Soutomaior entre 2007 e 2015, pero en 2016 trasladou o acto a Cerdedo-Cotobade ante a negativa da Deputación Provincial de Pontevedra, naquel entón co bipartito PSOE-BNG, a que se usaran estas dependencias para actos políticos.
Agora, despois de recuperar o Goberno da Deputación Provincial, o PP recupera tamén este lugar emblemático para abrir o curso, volvendo a unha tradición que no seu día abrira o ex presidente do PP e do Goberno Mariano Rajoy.
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, inaugurará o curso político o vindeiro domingo 27 agosto.
A través dun comunicado, o PP lembra que nas pasadas eleccións autonómicas do 28 de maio recuperaron un "importante poder territorial"; entre o que se atopa a Deputación de Pontevedra, o que permite "superar a arbitraria decisión do PSOE" e que este acto poida celebrar no lugar onde se facía tradicionalmente.