A cuberta do centro de saúde do Toural será impermeabilizada antes de final de ano
Por Redacción
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, acompañado polo subdirector de Recursos Económicos, Antonio Taboada, mantivo este venres no Hospital Provincial unha reunión técnica co alcalde de Vilaboa, César Poza.
Neste encontro os responsables sanitarios e municipais analizaron conxuntamente a planificación para acometer antes do final do presente ano obras de mellora, impermeabilización e illamento na cuberta do centro de Atención Primaria do Toural.
A responsables da área sanitaria subliñaron que a iniciativa de impermeabilización proposta "dará unha solución definitiva á estanqueidade dos seus espazos", que abarcan unha superficie de 729 metros cadrados.
César Poza destacou a cordialidade do encontro no que ambas administracións se amosaron dispostas a sufragar conxuntamente os investimentos necesarios para impermeabilizar a cuberta.
Neste sentido César Poza aproveitou o encontro para retomar as conversas sobre a cesión definitiva á Xunta das instalacións sanitarias do Toural xa que o goberno local de Vilaboa entende que son "competencias impropias" os investimentos nesta estrutura.
Os representantes da Consellería emplazaron ao alcalde a futuras reunións sobre ese particular e amosaronse dispostos a colaborar na execución dos traballos necesarios para garantir que a atención sanitaria á veciñanza de Vilaboa se preste en óptimas condicións, no que ao estado das instalacións se refire.
Relacionadas:
-
Para "mellorar a confianza" dos pacientes os sanitarios identificaranse con tarxetas personalizadas
Por Redacción |
-
Sanidade acorda cos profesionais os detalles da ampliación do centro de saúde de Baltar
Por Redacción |
-
Ampliada a vixilancia do mosquito tigre a Bueu e Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Prácticas de reanimación en vivo e unha mensaxe: "a peor RCP é a que non se fai"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
O BNG leva ao Parlamento a situación "inadmisible" do centro de saúde de Ponte Sampaio
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada