O PP propón que o centro lúdico e deportivo da Parda incorpore unha pista de skate
Por Redacción
Unha zona nos terreos que debería ocupar o Complexo lúdico e deportivo da Parda. ÿ a parcela "natural y más viable" que propón o Partido Popular para a creación dunha pista de skate na cidade de Pontevedra. Así llo trasladaron os concelleiros Eloísa Nogueira, César Abal e Pablo Fernández a representantes do colectivo de skaters e bikers que solicitan que se habilite unha área para a práctica da súa actividade deportiva.
O Partido Popular cre que a suxestión feita polo goberno municipal para a construción dunha pista en Domingo Fontán, entre a ponte das Correntes e o Nó de Bombeiros, é "inviable" pola reforma que se pretende realizar nesta zona en colaboración co Ministerio de Fomento. Aseguran que con esta iniciativa "unicamente buscan gañar tempo fronte ás reivindicacións destes mozos e non ten en realidade ningunha intención de atender á súa demanda".
Para os populares, a zona natural da cidade para este tipo de actividades é o espazo da Parda. Nun comunicado sinalan que a mellor vía para dispoñer dun parque de skate en Pontevedra é incluír esa dotación neste proxecto.
Os concelleiros confirmaron ademais o seu apoio á proposta de manifestación que o colectivo de skaters convocou para o vindeiro sábado, ás 17.00 horas, na Praza de España.
Relacionadas:
-
O complexo deportivo da Parda será demolido para construír tres piscinas ao aire libre e catro pistas de pádel
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Propoñen construir o 'skate-park' no Campus ante as dificultades do proxecto de Domingo Fontán
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 50 mozos concéntranse para reclamar unha pista de skate en Pontevedra
Por Redacción |
-
Convocan unha manifestación para reclamar un skatepark en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |