Cambio de localización para a conferencia 'De Sanxenxo ao planeta vermello', de Fernando Abilleira
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo decidiu trasladar de lugar a charla "De Sanxenxo ao Planeta Vermello', do enxeñeiro aeroespacial da NASA Fernando Abilleira, para garantir o aforo ante o interese que levantou.
Dacordo co conferenciante, a charla celebrarase finalmente este venres 1 de setembro (20.00 horas) no Pazo de Emilia Pardo Bazán, en lugar de no salón de plenos do Concello.
Abilleira, que o vindeiro luns 4 de setembro recibirá a Cebola de Ouro 2023 no marco da Feira da Cebola, propoñerá aos asistentes ao seu relatorio unha viaxe a través da historia da exploración de Marte e o seu impacto nas nosas vidas, así como ao próximo gran obxectivo da Nasa, a recollida de mostras do Planeta Vermello para o seu estudo na Terra.
O enxeñeiro espacial, con vínculos familiares con Sanxenxo, traballa para a NASA desde o ano 2004 e deu soporte a múltiples estudos e misións en Marte.
A última delas foi en 2021 cando o rover Perseverance aterrou con éxito no interior do cráter Jezero para investigar a posible habitabilidade do Planeta Vermello e buscar sinais de vida pasada.
Co cambio de localización da charla, explica o Concello, pódese dar cabida a cinco veces máis aforo.
Relacionadas:
-
Por Santa Rosalía, regresa a Feira da Cebola, este ano con 44 postos
Por Redacción |
-
Un showcooking e ambientación musical como preámbulo da Feira da Cebola
Por Redacción |
-
De Sanxenxo ao planeta vermello, guiados por Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
As Cebolas de Ouro 2023 son para a doutora Adriana Nieva e o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira
Por Redacción |