As aulas móbiles do instituto Valle Inclán instalaranse a partir do 12 de outubro e os baños da primeira planta estarán listos o luns
Por Natalia Puga
As aulas móbiles nas que o alumnado do instituto Valle Inclán de Pontevedra dará clase durante as obras de reforma do centro empezarán a funcionar a partir do día 12 de outubro.
Así o trasladou a Consellería de Educación este martes á comunidade educativa do centro durante unha reunión da comisión de seguimento da primeira fase das obras do instituto.
O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en Pontevedra, César Pérez Ares, presentou o modelo destas aulas móbiles, nas que dará clase o alumnado de Bacharelato. O estudantado iniciará as clases dentro do centro e trasladaranse a estes módulos en función do avance das obras.
As aulas móbiles están pendentes do permiso de ocupación de vía pública, que xa se está a tramitar. A previsión é comezar a montalas o día 25 de setembro, despois da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Os módulos instalaranse na avenida de Montero Ríos, diante do instituto. Alí estudará ao alumnado de bacharelato mentres que os 16 grupos de ESO manteranse no edificio do instituto durante as obras.
Na reunión estiveron presentes membros do equipo directivo e da asociación de nais e pais (Anpa), ademais de técnicos, inspección educativa e representantes da empresa responsables das obras.
Ao remate da reunión, o presidente da Anpa, Rubén Saavedra, explicou que, antes da posta en funcionamento, realizarase un simulacro de evacuación e tamén se presentarán as aulas á comunidade educativa e manterán unha nova reunión da comisión de seguimento.
Desde a Anpa sinalaron que a reunión foi satisfactoria "dentro do malo" e agora quedan expectantes a ver se todo sae sobre a marcha o vindeiro luns, 11 de setembro, cando comece o curso escolar.
Unha das súas principais preocupacións son os baños da planta baixa, que están en obras. Durante a reunión, aseguráronlles que estarán listos para o luns. "Agora veremos como nos encontramos o centro o luns, pero si se cumpre o que dixeron, temos quee darnos por satisfeitos, polo menos vai a haber un inicio do curso normal coa docencia, que era o que se pretendía", sinalou Rubén Saavedra.
Relacionadas:
-
Remata a primeira fase das obras do Valle Inclán, a "catedral educativa" de Pontevedra que avanza segundo o previsto
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As aulas móbiles do instituto Valle Inclán estarán operativas o 16 de outubro e funcionarán só durante este curso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Chegan as novas aulas auxiliares ao IES Valle-Inclán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Case 13.000 estudantes de Pontevedra volven o luns a clase en Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato
Por Alejandro Espiño |
-
A comisión de seguimento das obras do IES Valle Inclán reunirase antes do inicio do curso
Por Oskar Viéitez |
-
A ampliación do Carlos Oroza e a rehabilitación do Valle-Inclán centran o investimento de Educación para a reforma de centros educativos na provincia
Por Manu Otero |
-
A comunidade educativa concéntrase para saber "para cando?" empezarán as obras do Valle Inclán
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Educación explica á comunidade educativa do Valle Inclán o plan para as obras no instituto
Por Redacción |
-
Primeiro paso para o inicio das obras de rehabilitación do IES Valle Inclán
Por Redacción |