Escuma polos catro custados da Pedreira para festexar o inicio de curso
Por Redacción & Mónica Patxot
A tradicional festa da escuma na Praza da Pedreira puxo en broche de ouro á gran festa de volta ao cole que organizou este luns o Centro Comercial Zona Monumental.
Decenas de nenos e nenas gozaron dunha tarde de xogos e diversión para axudarlles a levar o mellor posible o final das vacacións de verán e o regreso ás aulas.
A festa da escuma estivo amenizada pola música dunha DJ.
Ademais, noutros enclaves do centro histórico tamén houbo outras actividades.
Así, en Curros Enríquez elaboraron un mural de arte colaborativa e se instalou un rocódromo de 8 metros, en Méndez Núñez un obradoiro de pinta caras e unha 'bebeteca', en Valentín García Escudero un obradoiro de manualidades e na rúa Serra un futbolín humano e un crocodilo inchable.