O PP pide ao Concello de Pontevedra que habilite un piso de acollida para mulleres maltratadas
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular insta ao Concello de Pontevedra a que habilite un piso de acollida para mulleres vítimas da violencia de xénero e para os menores ao seu cargo.
A concelleira do grupo municipal do PP, Silvia Junco levará ao Pleno municipal do próximo luns esta proposta que este martes avanzou nunha rolda de prensa.
Silvia Junco pediu ao Goberno local do BNG que resolva a carencia desta "infraestructura prioritaria para dar cobijo a las mujeres obligadas a salir de sus casas para huir del maltrato", e lembrou que "en ningún sitio se recoge que las casas de acogida sean de competencia autonómica", aínda que a Xunta colabora no seu mantemento.
Galicia conta con sete destes "recursos de transición", entre casas de acollida, vivendas tuteladas e un centro de emerxencia, das que cinco son de xestión municipal e as outras son levadas por entidades relixiosas. Están situados na Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Burela e Chantada, nos que se ofrece un total de 84 prazas "y solo el 13% de las plazas de acogida está en nuestra provincia y ninguna de ellas en nuestra ciudad".
A concelleira popular ha sinalado que é "incomprensible" que Pontevedra, desde hai unha década, non teña un lugar onde dar acubillo ás vítimas da violencia machista.
"Para el Partido Popular, afirmou Silvia Junco, las políticas sociales y las políticas de igualdad están en nuestra agenda como una de nuestras prioridades" e engadiu que "esperamos que el BNG y el PSOE tomen conciencia y voten a favor de esta moción".
Por último, Silvia Junco lembrou que xa levou esta moción ao Pleno no ano 2019, entón o goberno bipartito BNG – PSOE votou en contra, polo que agora puxo o foco no grupo municipal socialista "que va dando bandazos y que se olvida de las decisiones que tomaron durante el último mandato", para comprobar se nesta nova oportunidade de aprobar esta proposta "también han cambiado de opinión al respecto".
Relacionadas:
-
Preto dunha vintena de candidatas optan aos premios "Mulleres no Foco"
Por Redacción |
-
O debate pola amnistía embaza a concordia do pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra cederá á Xunta unha vivenda para acoller a vítimas de violencia machista
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Pontevedra apraza a celebración do pleno municipal pola Gran Final das Series Mundiais
Por Oskar Viéitez |
-
"Nin somos falsas feministas nin consentimos acusacións de verdadeiros machistas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un curso da UNED formará contra o acoso a profesionais de centros deportivos e de lecer
Por Redacción |
-
Lores cre que o PSOE desautoriza a xestión da anterior concelleira de Igualdade
Por Oskar Viéitez |