O PSOE reclamará no Pleno da Deputación que o PP renuncie a repartir fondos "a dedo" e continúe co Plan Concellos
Por Oskar Viéitez
O Pleno ordinario da Deputación, que se celebrará o próximo día 29, abordará unha moción que o grupo provincial socialista vén de rexistrar "para que se manteña o Plan Concellos e que tódolos investimentos extraordinarios para equipamentos e dotacións municipais do mandato aos concellos de menos de 50.000 habitantes sexan repartidos a través de plans de concorrencia competitiva con criterios obxectivos".
O voceiro socialista, Carlos Font, afirma que despois de tres meses de Goberno do PP "é hora de que o PP comece a falar do que importa, que é o modelo que vai implantar para o financiamento dos concellos, porque nolo están pedindo alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, que están moi preocupados".
"Queremos, para que se entenda ben, que o PP se comprometa a non volver aos tempos de Louzán ou de Baltar, repartindo cartos a dedo aos concellos da súa cor política", engadiu.
A moción insta así ao Goberno provincial a manter o Plan Concellos, que este ano supón 43,5 millóns de euros, como "pedra angular do financiamento estable" e que a dotación creza o mesmo que o Orzamento provincial de 2024 e, en todo caso, "un mínimo dun 3%".
Ademais, o texto que se someterá a votación insta ao Goberno provincial a que tódolos investimentos extraordinarios que se liberen ao longo do mandato para equipamentos e dotacións municipais sigan a ser distribuídos "con bases obxectivas e criterios de concorrencia competitiva".
En canto a Pontevedra e Vigo, que se regulan polo réxime de grandes cidades, o PSOE defenderá que a Deputación continúe financiando grandes actuacións a través de convenios pactados con transparencia e en colaboración cos seus gobernos municipais.
Relacionadas:
-
O PSOE afirma que o presidente da Deputación é "apocado y acomplejado" e está "escondido" dos alcaldes
Por Oskar Viéitez |
-
O presidente da Deputación atribúe as críticas do PSOE á súa "desorientación" tras a derrota electoral
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE denuncia a "baltarización" da Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Luis López remite unha carta aos alcaldes da provincia na que avanza a aposta da Deputación polos investimentos nos concellos
Por Redacción |
-
Jorge Cubela insiste en que a situación orzamentaria da Deputación é "preocupante"
Por Redacción |
-
Os socialistas negan a situación económica precaria e aseguran que a Deputación ten case 200 millóns de euros en caixa
Por Oskar Viéitez |
-
Luis López responde ao PSOE: "Pasar dun goberno dogmático a oposición sectaria é non entender a mensaxe das urnas"
Por Anxo Lourido |
-
Os socialistas lamentan que a Deputación sexa unha "sucursal" da Xunta controlada por Rueda "con mando a distancia"
Por Redacción |