Este luns comeza a dobre vacinación covid-gripe e a inmunización dos bebés contra a bronquiolitis
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este luns, 25 de setembro, comeza en Galicia a dobre inmunización contra a covid e a gripe nas residencias de maiores, o que afecta a un total duns 30.000 usuarios.
De forma paralela, nos centros hospitalarios administrarase a inxección aos bebés para previr o VRS, ou virus sincitial, que orixina as bronquites, converténdolla Galicia na primeira comunidade de España en facelo.
A partir do 16 de outubro a inmunización contra a covid e a gripe estenderase á poboación diana xeral.
Unha das principais novidades, ademais da administración da dobre inxección, como xa se ensaiou na anterior campaña, é que nesta campaña presente que arrinca o primeiro luns de outono desaparece a recomendación de vacinarse contra o COVID a menores de 60 anos (salvo casos de risco ou embarazadas e puerperio).
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) pretende inmunizar a máis do 75% da poboación diana xeral.
Paralelamente á vacinación dobre desenvólvese a da gripe, cunha poboación diana específica e cunha novidade, inclúese ás persoas fumadoras como grupo recomendado. E, en canto á vacina da covid, non se administrarán máis dose e será estacional, co que a inmunización só farase nestes períodos concretos.
RESIDENCIA DE VILABOA
O Sergas comezou na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés a campaña de vacinación contra a Gripe e a Covid-19, con residentes da Residencia de Vilaboa, na que se inocularon 189 doses.
Dous equipos de vacinación compostos por profesionais de Enfermaría vacinaron ao colectivo residente. No transcurso desta primeira xornada de vacinación na comarca estiveron presentes responsables da campaña da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, xunto con coordinadores e profesionais da Residencia de Vilaboa.
CRONOGRAMA
Segundo quedou patente nesta Residencia, o cronograma de vacinación contra a Gripe e a Covid-19 elaborado pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnes terá a súa continuidade durante as vindeiras semanas con visitas pautadas e programadas nas residencias espalladas polos diversos concellos dambos distritos sanitarios de Pontevedra e O Salnés cunha previsión de inocular arredor das 1.400 doses de vacinas.
A intención do Sistema Sanitario Público galego é completar a vacinación contra a Gripe e a Covid-19 de todo este colectivo en Pontevedra e O Salnés o vindeiro 13 de outubro.
O Goberno galego conta con dous tipos de vacinas fronte á gripe. Unha tetravalente para toda a poboación menor de 80 anos, e outra de alta carga para as persoas de 80 e máis anos e para os usuarios das residencias de maiores con 60 ou máis anos. Tamén conta cunha nova vacina fronte á Covid-19 adaptada ás cepas circulantes.
Relacionadas:
-
Un fallo informático atrasa dúas horas o inicio das vacinacións no edificio administrativo de Campolongo
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
As oficinas do ORAL recuperan a atención presencial sen cita previa
Por Oskar Viéitez |
-
Os días do Carme e de San Martiño serán festivos locais en Bueu
Por Redacción |
-
Barro inviste 56.000 euros na mellora do acceso ao lugar de Ortigueira
Por Redacción |