Unha monxa octoxenaria evita o roubo do diñeiro de Cáritas
Por Oskar Viéitez
Hai xestos que valen máis que mil palabras.
Quen non recorda ao ex vicepresidente e tenente xeral Gutiérrez Mellado o 23-F zarandeado por un grupo de gardas civís golpistas. A súa resistencia a caer simboliza o triunfo da democracia española.
Igual de simbólico foi o suceso vivido en Marín.
O protagoniza Sor Elvira, a monxa que leva varias décadas sendo o alicerce básico de Cáritas na vila.
A octoxenaria relixiosa do colexio da Inmaculada acudía, como todos os primeiros de mes, a pagar os alugueres dos pisos que sostén esta entidade social en Marín para dar as familias sen recursos cando foi vítima dun roubo.
Ocorreu nunha céntrica rúa de Marín, próxima á sé de Cáritas. O ladrón tirou con violencia do bolso que portaba a monxa arrastrándoa varios metros polo chan. Pero Sor Elvira non cedeu.
Os seus case noventa anos e a súa débil complexión física, non foron impedimento para que a relixiosa marinense, defendese o bolso, e todo o que este significa.
Foi tal a súa resistencia que o ladrón tivo que darse por vencido e fuxir sen ningún botín.
Como consecuencia destes feitos, Sor Elvira sufriu magulladuras que non lle impediron continuar co seu incansable labor cotián de axuda aos máis necesitados.
Este é o segundo intento de roubo que padece Sor Elvira. Con anterioridade xa intentaron roubarlle dúas mulleres. Tampouco tiveron éxito.
Colectivos sociais e de veciños de Marín a título particular están a promover a celebración dun acto de homenaxe e agradecimiento popular á Sor Elvira e propoñen ao Concello que nomee á relixiosa Filla Adoptiva deste municipio.