Alerta policial: os billetes falsos volven circular por Poio
Por Redacción
A Policía Local de Poio lanzou este xoves unha alerta sobre a presenza de billetes falsos no municipio. Así, chaman a atención sobre o feito de que están a tentar cambiar estes billetes en diferentes establecementos comerciais.
Desde a Policía Local facilitan, como exemplos, fotografías de billetes de 5 e 20 euros falsificados.
Ademais de alertar aos negocios de Poio pola existencia desta práctica ilegal, desde a Policía Local realizan un chamamento á cidadanía para que alerte ás autoridades en caso de ter constancia dun caso de falsificación ou de información relevante para acabar con esta práctica.
Relacionadas:
-
A Policía Nacional celebra a súa festa patronal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Alertan da presenza de billetes falsos en Poio que xa se usaron nun comercio
Por Redacción |
-
A Garda Civil detén un veciño de Poio por falsificación de moeda
Por Redacción |
-
Tres mozos aceptan dous anos de prisión por poñer en circulación billetes falsos de 50 en Poio e Sanxenxo
Por Natalia Puga |