Ferido un motociclista de 75 anos en Cambados ao impactar cun turismo
Por Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un home de 75 anos, veciño de Cambados, resultaba ferido no mediodía deste luns 2 de outubro despois de que a motocicleta na que viaxaba sufrise o impacto cun turismo en Modia, na parroquia de Vilariño en Cambados.
O motociclista, segundo informan os servizos de emerxencias, presentaba varias costelas rotas e era atendido inicialmente no punto en que se rexistraba no accidente pola dotación de garda do servizo de Emerxencias de Cambados.
Posteriormente chegaba unha ambulancia do 061, que trasladaba ao home ao Hospital do Salnés para unha exploración médica detallada.
Na intervención tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico.
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén tiveron que acudir durante a tarde para atender as persoas implicadas nun accidente de tráfico na rotonda da AG-41, en Ribadumia.
Na intervención colaboraron os integrantes de Protección Civil de Ribadumia, Mantemento de Estradas e a Garda Civil de Tráfico.