Denuncian esperas de máis dun ano para unha cita nas unidades de saúde mental da área sanitaria
Por Redacción
Este 10 de outubro celebrábase o Día da Saúde Mental e, aproveitando a data, o sindicato CIG-Saúde denuncia a situación "problemática" que detectan neste servizo da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés.
Alertan de esperas de máis dun ano para obter unha cita. Denuncian falta de persoal e cocientes de consulta de quince minutos por paciente.
O sindicato explica que este problema afecta principalmente o servizo de Atención Primaria, debido a que os pacientes que se derivan polo persoal médico de familia ás unidades de saúde mental dos centros de saúde de Lérez (infantil) e de Mollavao (adultos) son avaliados previamente polo persoal de enfermería, encargado de realizar a función de triaxe.
CIG-Saúde considera que se trata dun proceso lento porque o persoal debe atender tamén as súas propias consultas. Reclama, ademais, un maior número de persoal médico nas especialidades de psicoloxía e psiquiatría.
Ademais, piden máis efectivos que incrementen o número de profesionais de enfermería e administrativo, xa que moitas consultas realízanse a través de chamadas telefónicas. Actualmente, denuncian, só hai unha persoa que se encarga de atender as chamadas.
Tamén demanda a posta en marcha de dúas unidades de suicidio, xa que só mantense operativa a situada na Casa do Mar de Mollavao. E reclama á Xerencia da área sanitaria a contratación dunha persoa para secretaría e outra para psicoloxía no centro de saúde de Lérez.
No centro de Lérez sinalan que se rexistran elevadas listas de espera provocando que os pacientes teñan que esperar a outubro de 2024 para lograr unha cita en psiquiatría, mentres que para unha sucesiva ordinaria a espera sitúase en abril de 2024. A preferentes deberán esperar un mes menos, a marzo de 2024.
En Mollavao, segundo os datos que manexa o sindicato nacionalista, as citas ordinarias establécense en xaneiro do próximo ano e as sucesivas ordinarias remítense ao mes de febreiro.
Relacionadas:
-
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, lembra en Vilagarcía que o coidado da saúde mental é responsabilidade de todos
Por Redacción |
-
O Ateneo de Pontevedra proxecta este mércores o documental sobre saúde mental 'Agromantes'
Por Redacción |
-
O xulgado declara improcedente o despedimento dunha traballadora do Banco Santander acusada de simular unha baixa
Por Anxo Lourido |
-
O luns haberá obradoiros na rúa para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar
Por Redacción |
-
RADIO.- A psiquiatra Anabel González publica unha guía para "aliviar o malestar psicolóxico"
Por Marisa Ciordia |
-
Abre a Unidade de Conduta Suicida na Casa do Mar de Mollavao para dotar os pacientes de ferramentas contra esta tendencia
Por Anxo Lourido |
-
O suicidio, primeira causa de morte non natural en España, e en alarmante aumento entre mozos
Por Redacción |