Lores, sobre o Gafos: "Temos a vontade de destapalo pero non nos meteremos nunha obra así a cegas"
Por Alejandro Espiño
Para o alcalde de Pontevedra, o proxecto para destapar o río Gafos segue estando entre as súas prioridades. Pero reiterou que, antes de abordar unha actuación destas características, se deben facer unha serie de estudos que garantan a súa viabilidade.
"Temos a vontade de destapalo pero non nos meteremos nunha obra así a cegas", sostivo Miguel Anxo Fernández Lores, que avogou pola importancia de "saber cal vai a ser o resultado final" de calquera actuación que se aborde no leito do río.
Así, Fernández Lores asegurou que no Concello non consta que se encargara nin un estudo xeotécnico dos terreos, que se fixera unha análise do custo económico ou se calculara como se comportará o leito do Gafos, actualmente "encaixado" baixo o paseo.
O alcalde reiterou que o goberno municipal xa iniciou todos os trámites para contratar os estudos necesarios "para tomar a decisión final" e que condicionarán o alcance da actuación pola que se opte finalmente.
Lembrou que antigamente toda esa zona era xunqueira e o río chegaba "case ata a igrexa", polo que considera que "é absolutamente serio" realizar estudos previos desta zona "para non meternos en aventuras que non sabemos como van acabar".
Lores afirmou que "non hai absolutamente nada", nin antecedentes, nin estudos previos, nin proxecto para destapar o río Gafos, polo que defende que "estamos facendo o que temos que facer para que sexa viable" e se poida acometer esta ansiada actuación.
"Nós non fixemos obra de nada sen facer antes un estudo xeotécnico", sentenciou o alcalde, que coincide esta é unha petición dunha "ampla maioría" de cidadáns e que o Concello comparte, aínda que recoñeceu que é unha obra "moi complicada".
Relacionadas:
-
Nove edificios serán revisados no estudo xeotécnico para decidir o destape do río Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Lores: "Eu quero levantar o Gafos pero non o vou facer sen garantías de como está toda a zona recheada"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Iván Puentes, do PSOE: "Se non queren abrir o Gafos en Campolongo que o digan para actuar en consecuencia"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comeza a reparación da pasarela do Gafos baixo a Avenida da Estación
Por Redacción |
-
Campolongo reclama "deixar de dar voltas" co destape do Gafos "e saber se o van a abrir ou non"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Encargan un estudo do estado do treito urbano do Gafos para impulsar un proxecto "viable" para destapalo
Por Alejandro Espiño |