Lores: "Eu quero levantar o Gafos pero non o vou facer sen garantías de como está toda a zona recheada"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
"Mentres eu sexa alcalde non se vai empezar un proxecto de obra que pode levar por diante o patio do colexio de Campolongo, senón parte do propio Colexio de Campolongo", así se refería Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, ao proxecto de destapar o Gafos no barrio de Campolongo que, no anterior mandato, xestionaba o Partido Socialista no goberno bipartito de Pontevedra entre BNG e PSOE.
"Coa documentación que existe agora, que é un power point, unha realidade virtual, non hai garantía de que isto non pase", alegou Lores en relación ás posibles inundacións que se poderían producir se non se realizan os estudos pertinentes sobre os terreos polos que atravesa o río neste tramo urbano.
O rexedor continuou explicando que "a realidade é que despois de catro anos non hai nada, só un paseo do Gafos que estivo pechado máis de dous anos e medio e que os veciños de Pontevedra non puideron utilizar".
Insistiu en que "a min gustariame levantar o Gafos ao seu paso por Campolongo" para engadir que deu xa as ordes de que se contraten os estudos necesarios para determinar en que situación permanecen os terreos lindeiros e o caixón por onde circula o Gafos.
"Son datos imprescindibles para tomar unha decisión e ver en que sarao nos vamos a meter", expuxo lembrando que as obras hidráulicas son "complicadas e tamén custosas".
Criticou a xestión socialista en relación con este tema ao sinalar que se ía a realizar un concurso internacional orzado en 18.000 euros e "non sabemos nada, non se fixo nada, só pechar o paseo".
"É serio un concurso internacional onde fas unha proposta sen coñecer esa situación? É un terreo de aluvión, entraba auga no patio do colexio ata que se asfaltou por riba", apuntaba o alcalde xustificando os estudos para evitar que as riadas leven ás cimentacións por diante.
"Eu quero levantar o Gafos pero non o vou facer sen garantías de como están toda a zona recheada", insistiu asegurando que os estudos se realizarán rápido "antes de catro anos, seguro. E se podemos facelo nun só ano, mellor" para incidir en "levantar o Gafos si, a cegas non".
Relacionadas:
-
Os prazos apreman no proxecto para liberar o Gafos: en cinco meses deberá estar lista a asistencia técnica
Por Natalia Puga |
-
A primeiros de decembro haberá datos das catas sobre o substrato do río Gafos para estudar o destape
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O inicio do estudo xeotécnico para demoler a canalización do Gafos é "inminente"
Por Alejandro Espiño |
-
Vaipolorío lamenta que as "desavinzas" políticas demoren abrir a "cripta" do Gafos
Por Redacción |
-
Nove edificios serán revisados no estudo xeotécnico para decidir o destape do río Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Iván Puentes, do PSOE: "Se non queren abrir o Gafos en Campolongo que o digan para actuar en consecuencia"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lores, sobre o Gafos: "Temos a vontade de destapalo pero non nos meteremos nunha obra así a cegas"
Por Alejandro Espiño |
-
Campolongo reclama "deixar de dar voltas" co destape do Gafos "e saber se o van a abrir ou non"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Domínguez corresponsabiliza a un PSOE "sumiso y desubicado" de que Pontevedra estea "paralizada"
Por Alejandro Espiño |
-
Encargan un estudo do estado do treito urbano do Gafos para impulsar un proxecto "viable" para destapalo
Por Alejandro Espiño |