Domínguez corresponsabiliza a un PSOE "sumiso y desubicado" de que Pontevedra estea "paralizada"
Por Alejandro Espiño
Para o líder do PP en Pontevedra, a cidade está "paralizada". Fan responsable desta situación á "cabezonería" do alcalde, pero tamén a un PSOE "sumiso y desubicado" que, segundo Rafa Domínguez, "pusieron y mantienen" a Lores á fronte do goberno municipal.
"Nunca he visto nunca humillar tanto a un partido como está haciendo el BNG y nunca he visto a un partido agachar tanto las orejas como está haciendo el PSOE", sostivo Domínguez, que consideran que os socialistas son "cómplices" de todas as decisións adoptadas polo alcalde.
A "pésima relación" que o portavoz popular aprecia entre os ex socios de goberno "está afectando a la vida de los pontevedreses" e, ao seu xuízo pon en perigo actuacións pendentes, entre elas o destape do río Gafos.
Con respecto a este proxecto, o dirixente do PP lembrou que as axudas europeas dan "prioridad absoluta" a este tipo de actuacións, polo que considera que debe avanzar en destapar o río, unha obra "ecológica, necesaria y que va a beneficiar a todos los pontevedreses".
Asegurou estar "convencido" de que o BNG paralizará esta actuación e perderanse as axudas aprobadas por Europa ante a "incapacidad y falta de interés" do alcalde, ao que ve máis centrado en "enmendar" toda a xestión que os socialistas fixeron no pasado mandato.
"El PSOE se lo ha buscado. Regaló la alcaldía a cambio de nada", subliñou Rafa Domínguez, que considera que o peche de Raíña Victoria ou a expulsión dos ambulantes da Alameda "es culpa de Lores y de Iván Puentes, que lo pusieron y lo mantienen".
Domínguez censurou que o alcalde "no captó el mensaje" das últimas eleccións e "sigue con las mismas actitudes", pero engadiu que o PSOE "no puede quejarse porque la responsabilidad de esas actitudes es suya", lembrando que o BNG goberna en minoría.
Os socialistas, segundo o líder do PP pontevedrés, "saben que pueden cambiar esta situación cuando quieran", apoiando unha hipotética moción de censura contra Lores que, polo menos por agora, os populares non se expoñen presentar.
"Yo tengo una solución. Si el PSOE quiere apoyar al PP tendrá que decírnoslo", sentenciou.
Relacionadas:
-
Último intento do PP para lograr a reapertura de Raíña Victoria
Por María José Pita |
-
Lores: "Eu quero levantar o Gafos pero non o vou facer sen garantías de como está toda a zona recheada"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Iván Puentes, do PSOE: "Se non queren abrir o Gafos en Campolongo que o digan para actuar en consecuencia"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Campolongo reclama "deixar de dar voltas" co destape do Gafos "e saber se o van a abrir ou non"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres meses sen feira en Pontevedra, segundo o PSOE, pola "terquedade" do goberno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Lores fai balance dos primeiros cen días de mandato: novo goberno, oposición, pacto, limpeza, Pontevedra flúe…
Por Oskar Viéitez |