A primeiros de decembro haberá datos das catas sobre o substrato do río Gafos para estudar o destape
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, visitaban a zona de Campolongo, nas proximidades do colexio, onde se están realizando os traballos de cata para comprobar as condicións do solo e obter datos sobre a viabilidade do levantamento do río pontevedrés.
O rexedor manifestou que se agarda que a primeiros do mes de decembro conten xa cos datos de como se atopa o substrato con todas as medicións para determinar se é posible o destape do río sen afectar os edificios próximos, entre eles o CEP Campolongo.
César Mosquera explicaba que se están obtendo datos importantes como que os muros laterais son impermeables e trapezoidais, de forma que se fose necesario levantar algún muro para afrontar a obra de destape sería necesario actuar cara aos laterais, "dous ou tres metros" especificou o concelleiro.
Tamén sinalou que a zona máis preocupante é a contorna do colexio onde se detecta a capa de máis profundidade. Expuxo que o muro se atopa apoiado sobre grava e area, material solto.
Ademais, recoñeceu que é necesario confirmar a situación na que permanece o fondo porque "parece que está moi pouco armado de aceiro e nalgúns sitios falla" sinalando que a lousa non é "moi potente".
Actualmente, o paseo del Río Gafos atópase pechado ao paso no tramo da pasarela de madeira nos arredores de Ponte Boleira, debido aos danos derivados dos temporais das últimas semanas. César Mosquera indicou que se tentará reabrir canto antes para o uso da cidadanía.
Relacionadas:
-
Posta a punto do paseo dos Gafos desde a estación ata Campolongo
Por Redacción |
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Mosquera, sobre o destape do Gafos: "Eu creo que é viable, outra cousa é como"
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan a formigonar a nova pasarela de metal sobre o Gafos na rúa Tablada
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
VÍDEO.- O paseo do Gafos, cortado pola crecida do río
Por Redacción |
-
O inicio do estudo xeotécnico para demoler a canalización do Gafos é "inminente"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores: "Eu quero levantar o Gafos pero non o vou facer sen garantías de como está toda a zona recheada"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Iván Puentes, do PSOE: "Se non queren abrir o Gafos en Campolongo que o digan para actuar en consecuencia"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |