Posta a punto do paseo dos Gafos desde a estación ata Campolongo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra puxo en marcha esta semana traballos de limpeza e mantemento na senda cuberta do río dos Gafos de Campolongo, que se atopa pechada dende marzo de 2021, e en distintos tramos da senda peonil de xabre que vai desde a avenida da Estación ata Ponte Boleira.
Estas actuacións forman parte do traballo municipal para reparación e conservación do paseo urbano do río dos Gafos e está a realizalas a Concellaría de Servizos urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda, facendo uso dos contratos de mantemento dos espazos públicos, limpeza viaria e xardíns prorrogados do orzamento de 2022.
En Campolongo, están a actuar sobre un espazo que, desde o seu peche hai case tres anos, non fora obxecto de ningún tipo de mantemento e limpeza. A intervención consiste en retirar pólas e restos de árbores, herba e maleza, lixo e os carteis colocados no seu interior, xa que levan meses tirados polo vento. Tamén está prevista a reparación do enreixado que protexe todos estes espazos xa que, nalgúns puntos, está aberto ou deteriorado.
Os traballos comezaron pola rúa Xeneral Antelo Rubín e continuarán ata rematar polo tramo pechado cara Alcalde Hevia.
O Concello tamén aproveitou para a reparación das fochancas que producían nos pasos habilitados na contorna do colexio de Campolongo. Son pequenos camiños de xabre que se crearon para permeabilizar ambos lados da cuberta pechada e que non dispoñían de evacuación de augas pluviais. No inverno ocasionan fochanchas e fan que estes pasos sexan impracticables.
Ademais, vaise reparar a pasarela de madeira construída a raíz do peche da cuberta, próxima aos composteiros comunitarios de Xeneral Antelo Rubín. Esta pasarela ten varias travesas rotas pola avaría dun vehículo de limpeza viaria. Co peso da limpadora, a estrutura de madeira cedeu e rompeu. A empresa do servizo de limpeza faise cargo do custo da reparación da pasarela.
En canto ao paseo peonil de terra, son traballos que se completarán na primavera, pero nestes momentos estanse a realizar reparacións de urxencia xa que as chuvias do inverno crearon regos importantes que resultaban perigosos nalgúns tramos.
A reparación consistiu na retirada do xabre ata atopar unha base suficientemente firme, achega de xabre e compactación. Finalmente, apisoouse para garantir a súa solidez.
Desde o Concello de Pontevedra sinalaron nun comunicado que o mantemento no Gafos obedece á orde dada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para que o tramo urbano do Gafos vaia recuperando o seu esplendor de anos atrás, xa que se trata dun dos espazos máis visitados e empregados polos veciños de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O paseo dos Gafos deixa de estar a escuras con 40 farois de aceiro
Por Redacción |
-
Solicitan que o concurso de ideas do Gafos estenda o ámbito de actuación
Por Oskar Viéitez |
-
Plan de choque para mellorar o estado da Praza das Regas
Por Redacción |
-
O miradoiro sobre o Lérez na Avenida de Bos Aires reabrirá totalmente renovado
Por Redacción |
-
Ravella reparte 400 composteiros individuais e pon en marcha o préstamo de biotrituradoras
Por Redacción |
-
A nova zona de estancia no Gafos, entre Rosalía de Castro e Tablada, abrirá "nunha semana ou dez días"
Por Alejandro Espiño |
-
Unha enchente de borrascas desbocadas marcaron o outono
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A primeiros de decembro haberá datos das catas sobre o substrato do río Gafos para estudar o destape
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- O paseo do Gafos, cortado pola crecida do río
Por Redacción |
-
Comeza a reparación da pasarela do Gafos baixo a Avenida da Estación
Por Redacción |
-
Campolongo, un barrio "esquecido" en loita para que "dunha vez por todas nos deixen de torear"
Por Natalia Puga |
-
Substituirán os valos de obra da cuberta do Gafos por un valado provisional "máis estético e seguro"
Por Redacción |