Choca contra dous coches aparcados en Ribadumia e foxe do lugar
Por Oskar Viéitez
Na tarde deste xoves festivo produciuse un accidente tráfico na estrada provincial EP-9305 no lugar de Mosqueira ao seu paso pola localidade de Sisán no concello de Ribadumia.
Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias, un vehículo saíuse da vía chocando contra dous coches que estaban aparcados.
O condutor do turismo causante do accidente, un home duns 30 anos que conducía un Seat Ibiza, asegurou ás testemuñas do sinistro que se atopaba ben abandonando o lugar a pe antes de que chegase a Garda Civil de Tráfico, a agrupación de Protección Civil de Ribadumia e o servizo de Emerxencias de Cambados.
Como consecuencia deste accidente a calzada quedou chea de combustible e aceite ao longo duns 50 metros.
Os vehículos aparcados contra os que chocou, un Dacia e un Peugeot, sufriron importantes danos.
Relacionadas:
-
Un accidente entre un guindastre e un turismo deixa dúas persoas feridas en Ribadumia
Por Redacción |
-
Ferida unha veciña de Poio nun accidente de tráfico en Cambados
Por Redacción |
-
Impacta brutalmente cun viñedo ao saír da PO-550 en Cambados
Por Redacción |
-
Sae ilesa tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico en Cambados
Por Redacción |
-
Falece un condutor, de 79 anos, ao saír da vía en Curro
Por Anxo Lourido |
-
Ferida unha motorista nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |