Un accidente entre un guindastre e un turismo deixa dúas persoas feridas en Ribadumia
Por Redacción
Ao redor do mediodía deste xoves 9 de novembro rexistrábase un accidente de tráfico na estrada EP-9302 ao seu paso pola parroquia de Sisán no municipio de Ribadumia.
No sinistro víanse implicados un guindastre, que impactaba contra un poste de pedra, e un turismo. Inicialmente, o condutor do Citroën era incapaz de saír do vehículo polos seus propios medios e trasladouse a un equipo de excarceración do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, pero finalmente foi posible evacuar ao home ferido pola zona do copiloto.
Este condutor, veciño de Vigo de 47 anos, era trasladado pola ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés con dor cervical, lumbar e abdominal. O condutor do guindastre, de 40 anos e veciño de Sanxenxo, era trasladado ao PAC da vila turística.
Na intervención colaboraron, ademais do servizo de Emerxencias de Cambados, axentes da Garda Civil de Tráfico; integrantes de Protección Civil de Ribadumia, persoal do 061 e Atestados.
Relacionadas:
-
Catro persoas resultan feridas. unha delas grave, nun accidente entre dous turismos nunha rotonda de Ribadumia
Por Anxo Lourido |
-
Un condutor resulta ferido nun choque entre unha furgoneta e un turismo en Meis
Por Redacción |
-
Choca contra dous coches aparcados en Ribadumia e foxe do lugar
Por Oskar Viéitez |