As industrias cárnicas pontevedras invirten en tecnoloxía para ser máis competitivas
Por Oskar Viéitez
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, continúa co seu percorrido por aquelas empresas beneficiadas polas axudas cofinanciadas con fondos europeos Feader e da Xunta, que teñen como obxectivo a modernización e innovación tecnolóxica das firmas adicadas á transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais na provincia.
Estas axudas, explicou Cores Tourís, permitiron aportar case 3,6 millóns a 50 empresas da provincia de Pontevedra dos sectores do leite, os produtos ecoloxicos, a madeira, o viño e a carne.
Se a pasada semana foi Chorigal, este martes visitou as empresas Lago, Aves, Huevos y Caza e Avícola Otres, industrias de Pontevedra e Ribadumia, respectivamente.
- Lago, Aves, Huevos y Caza S.L. é unha empresa familiar que ven marcada por un continuo desenvolvemento ao longo dos anos.
En canto ao seu volume de negocio, segundo explicou o xerente da mesma, Emilio Lago, a facturación de 2012 roldou os 14 millóns de euros. Conta con 52 traballadores, vendendo especialmente nos mercados españois e portugués. Con estes cartos da Unión Europea a empresa Lago adquiriu unha nova aplicación informática de xestión integral, así como moldes para á envasadora e caixas para novos formatos de produtos. O investimento global, entre axudas e fondos propios, superou os 153.600 euros.
- Avícola Otres S.L. de Ribadumia, é unha industria que se dedica ao sacrificio e despece de polos.
Fundouse da man de tres irmáns fai 46 anos. Na actualidade, practicamente automatizado todo o proceso. Segundo explicou o xerente, Marcelino Serantes, anualmente comercializa entorno a 2.900 toneladas de canais evisceradas e despezado de polo. En canto ao seu volume de negocio, a facturación de 2012 superou os 6,2 millóns de euros. Conta casi 50 traballadores, ademais de 36 familias de granxeiros e autónomos que colaboran coa firma. Con estas axudas melloráronse as condicións ambientais na cadea de matanza e nas distintas salas desta empresa.
- En canto a Chorigal S.L. esta empresa naceu na década dos 70, coa adquisición dunha carnicería no mercado de Pontevedra pola familia fundadora, construíndo nos anos 80 as primeiras instalacións na parroquia de Cerponzóns.
"En Chorigal controlamos dende o orixe todos e cada un dos procesos grazas ao noso sistema de calidade de inocuidade dos alimentos", explicou o xerente da firma, David Falcón. Na actualidade conta con 21 traballadores e un volume de negocio que supera os 2,2 millóns de facturación en 2012. A subvención obtida permitiu a esta empresa comprar maquinaria complementaria e un furgón isotermo con equipo de frío. En total, o investimento superou os 347.600 euros