O doutor Barbacid, recibido con todas as honras na Deputación
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresou este venres súa "admiración pola traxectoria e o traballo" do doutor Mariano Barbacid, xefe do Grupo de Oncoloxía Experimental do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).
López recibiu no seu despacho do Pazo Provincial a este coñecido bioquímico experto na investigación sobre o cancro e conversou con el e co reitor da UNED, Ricardo Mairal; e o director da UNED en Pontevedra, Víctor Manuel González.
Durante o encontro, o mandatario provincial entregou aos visitantes un obsequio institucional e convidou ao doutor Barbacid a asinar no libro de honra da Deputación de Pontevedra.
Como fundador do CNIO e profesor AXA-CNIO de Oncoloxía Molecular, Barbacid leva máis de catro décadas loitando contra o cancro.