Cuntis, A Illa de Arousa e Moraña coñecen o proxecto da Deputación para loitar contra a fenda dixital
Por Redacción
Os concellos de Cuntis, Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves participan na primeira experiencia piloto no proxecto "Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra" que impulsa a Deputación de Pontevedra.
Esta iniciativa conta cun orzamento de 500.000 euros dos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico aporta 280.000 euros e a Deputación os 220.000 restantes.
O deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, mantivo este luns unha reunión cos concellos participantes no proxecto para informarlles dos avances que se teñen producido ao longo dos últimos meses no relativo a este proxecto e resolver dúbidas.
O pasado 13 de outubro aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación do contrato para implantar e desenvolver a plataforma formativa que fundamenta o hub.
Cubela sinalou que este ainda falta outra licitación, que se atopa en tramitación interna, é a referida ao deseño, impartición e formación para capacitar dixitalmente ás persoas participantes.
O obxectivo deste proxecto é "mellorar o acceso aos servizos da Administración electrónica das persoas participantes e dotalas dunha maior autonomía nas xestións electrónicas da vida ordinaria ou sobre o uso de redes sociais".
Para logralo, ao abeiro do proxecto desenvolveranse sete accións formativas de cinco horas de duración en cada un dos concellos, que versarán sobre temas como a administración electrónica, a xestión online do Sergas, a banca móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos.
A formación irá acompañada dun servizo de asesoramento e titorías e que se espera se desenvolva entre os meses de febreiro e maio.
Haberá un máximo de 50 alumnos por concello, que deben ter nacido antes de 1973 ou ser maiores de 18 no caso de que acrediten algunha discapacidade ou presten servizos de axuda a domicilio ou acrediten a condición de persoa coidadora con maiores ao cargo.
Ademáis haberá cinco "influencers" por concello participante, que serán "persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras persoas, que demostrarán en primeira persoas os beneficios do uso de ferramentas dixitais. Todos eles, maiores de 18 anos e empadroadas no Concello, que serán elixidos por unha Comisión de Valoración con representantes dos cinco concellos e da Deputación.
"Estou seguro que traballando xuntos, da man, e sumando sinerxías imos conseguir que este hub sexa todo un éxito", remarcou Jorge Cubela.
Relacionadas:
-
Lanzan unha campaña de promoción da administración dixital do Concello de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación activa actuacións na provincial por un total de 1,7 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Campo Vidal, "el mundo rural se encuentra en un punto de inflexión en su desarrollo"
Por Redacción |